A fogueira dos versos publicado por

Na noite de san Xoán celebraremos a XI Fogueira dos Versos acompañados de Blues do País

Na noite de san Xoán celebraremos a XI Fogueira dos Versos acompañados de Blues do País

A noite do sábado, 23 de xuño, a asociación Espazo Lectura celebra un san Xoán alternativo coa XI Fogueira dos Versos: unha festa na que se combina a celebración popular desta data (con comida, bebida e cacharela), co recitado de poemas a carón do lume e cun concerto para toda a familia a cargo de Blues do País, un dos grupos da cooperativa galega Charlatana.

Blues do País son Bieitta James, a grande Diva Rural (Iseo Agilda) e Pepe King, o Bluesmanciño que a acompaña (Brais das Hortas). Música de calidade,  mesturada con teatro, clown e improvisación. Enerxía e entrega total en cada directo. Como eles mesmos din: Si, señora! Blues en galego!

A Fogueira dos Versos celébrase na Casa da Lectura (Donas) a partir das 21:00 horas.

Coa Fogueira dos Versos, Espazo Lectura pecha outra tempada centrada no fomento do libro e a lectura en Gondomar. Durante este período, grazas ao traballo voluntario e desinteresado dos membros da asociación, conseguiu ofrecer de maneira aberta e gratuíta más de 100 actividades dirixidas a persoas de todas as idades.

Vémonos na Fogueira!

Facebook Twitter Digg Email
1

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com