A Portada publicado por

Na véspera do Día do Libro, sesión especial na Casa da Lectura con Miguel Ángel Alonso Diz

Na véspera do Día do Libro, sesión especial na Casa da Lectura con Miguel Ángel Alonso Diz

Na véspera do Día do Libro, este mércores 22 de abril, teremos unha sesión de dinamización lectora especial na Casa da Lectura. O poeta, escritor e contacontos Miguel Ángel Alonso Diz estará con nós a partir das 18:00h. Da súa voz coñeceremos “O valente coello que quixo soñar“, “O soño de Esther” e “O cullarapo Croque“, fermosos libros escritos por el e ilustrados por Luz Beloso. Como remate, Miguel Ángel sorprenderanos cunha actividade de pintar con luz na escuridade!!

O mércores pasado tivemos unha sesión musical na Casa da Lectura. Cantamos, contamos e mesmo fixemos un xardín enteiro de flores multicolores. Estas son as imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura