A Portada publicado por

Narrativa finlandesa para despedir o ano no club Sete Vidas, que nesta ocasión se reunirá no café Keik

Narrativa finlandesa para despedir o ano no club Sete Vidas, que nesta ocasión se reunirá no café Keik

O 14 de decembro, xoves, teremos a sesión de remate do ano do Sete vidas. Será unha sesión especial, entre outras razóns porque terá lugar no café Keik, na rúa das Ánimas, en Gondomar (espazo xa familiar para Espazo Lectura por mor da celebración nos últimos anos do Dar de ler coma quen dá de beber con motivo do Día do Libro).

Ese día falaremos da novela Laura das neves e a sociedade literaria dos nove</em>, do escritor finlandés Pais Ilmari Jääskeläinen, editada por Urco Editora. Será a segunda novela da literatura finlandesa que traemos ao Sete vidas (antes foi O bosque dos raposos aforcados de Arto Paasilinna). Autor de grande éxito en Finlandia, Jääskeläinen mestura neste libro elementos da novela negra nórdica con compoñentes fantásticos e do realismo máxico e trata, nun ambiente de misterio, o proceso creativo do escritor e o nacemento das historias.

A cita será, coma sempre, a partir das 20:00 h (insistimos, neste caso no Keik) e contaremos coa presenza da tradutora Tuula Ahola Rissanen.

Por se vos apetece, velaí dúas recensións da novela e unha entrevista coa tradutora na RTVG:

https://lecturafilia.com/2017/08/25/laura-das-neves-e-a-sociedade-literaria-dos-nove/

http://www.kindlegarten.es/2016/12/laura-neves.html

http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/tuula-ahola-rissanen-tradutora-de-laura-das-neves

A sesión de novembro do Sete Vidas estivo centrada na novela Ethan Frome da autora norteamericana Edith Wharton. Ethan Frome é unha novela curta, na que o inverno de Massachusetts e o ambiente gris e opresivo convértense case en personaxes da novela. A unión dos personaxes coa terra e a loita por fuxir dun destino que parece inevitable únense neste libro que gustou moito ós membros do Sete Vidas que nos reunimos na Casa da Lectura. Esta foi a primeira vez que contamos cunha obra editada por Irmás Cartoné, unha pequena editorial adicada á tradución de obras clásicas cun catálogo moi interesante. Tivemos a sorte de contar con Carlos e Celia, os seus fundadores, con quen falamos do seu proxecto, do panorama editorial, da tradución, e, por suposto, de Ethan Frome. Como sorpresa final, agasalláronnos cunhas preciosas libretas.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura