No Contomar, sentamos á mesa da Mosca Chosca

No Contomar do luns 18 de febreiro estamos convidados a comer torta n’A casa da Mosca Chosca. Tamén coñeceremos a Bóla de manteiga, sopraremos porque A sopa queima e saberemos por que chora Macario Dromedario. O contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos será, coma sempre, na Biblioteca de Gondomar ás seis do serán.

O luns 4 de febreiro tomamos as seguintes imaxes no Contomar.