A Portada publicado por

No Lendo Contigo celebraremos o mes da poesía con Fran Alonso e os seus «Poemas birollos para ler cos ollos»

No Lendo Contigo celebraremos o mes da poesía con Fran Alonso e os seus «Poemas birollos para ler cos ollos»

O Lendo Contigo celebra o mes da poesía o vindeiro sábado 30 de marzo. Para a ocasión, a obra proposta é «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso (publicado por Xerais). Será unha sesión chea de cor e poesía na que falaremos da obra e compartiremos versos. A actividade comeza ás 12:00h na Casa da Lectura e contaremos coa presenza do poeta, socio fundador de Espazo Lectura e amigo, Fran Alonso. Agardámosvos!

O pasado mes de febreiro mergullámonos no mundo das fábulas coas Fábulas de Esopo, adaptadas por Xosé Ballesteros (Kalandraka), que nos acompañou durante a sesión. Aproveitando que o Entroido estaba cerca, disfrazámonos dalgún dos personaxes das fábulas e incluso compartimos fábulas creadas por nós mesmos e nós mesmas. Aquí tedes as imaxes deste día:

Lendo Contigo 2019/02/23

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com