No mes de marzo…poesía no Lendo Contigo!

O mes de marzo remata no Lendo Contigo cunha sesión na que a poesía é a protagonista. Nesta ocasión a obra proposta é Poemas bestas e outros bechos, de Leire Bilbao (kalandraka).

Agardámosvos na Biblioteca Municipal de Gondomar o sábado 26 de marzo, ás 12:00h, para compartir poemas cheos de bechiños primaverais!

Na sesión de febreiro puidemos coñecer a historia de O caderno de Rosalía, de María Xesús Blanco (Galaxia).
Contamos coa presenza da autora, que nos desvelou moitas curiosidades do libro e compartiu con nós un libro moi especial que conserva desde a infancia. Aquí podedes ver as imaxes dese día:
Lendo Contigo 19/02/2022