No outono regresan as actividades de Espazo Lectura

En Espazo Lectura xa estamos listos para iniciar unha nova tempada de actividades lectoras. A Xunta Directiva reunirase a mediados de setembro, como é costume, para planificar o novo curso que comezará no mes de outubro e durante o cal manteremos a actual oferta de actividades de carácter estable e destinadas a todos os treitos de idade.

Aínda hai tempo para ler os libros cos que se abrirán, en outubro, as tempadas dos clubs de lectura

Deixámosvos a continuación os títulos cos que inaugaremos o novo curso dos clubs de lectura, xa que aínda tedes tempo de lelos e animarvos a participar:

  • A nova xeira do Sete Vidas comezará coa lectura de O gardián invisible, de Dolores Redondo (Xerais, 2013), un thriller orixinalísimo protagonizado pola inspectora Amaia Salazar onde se mestura a investigación policial e científica co suspense e coa mitoloxía das lendas navarras.
  • O Lecturas Debuxadas estreará tempada por todo o alto. O cómic sobre o que falaremos é Ardalén (El Patito Editorial, 2013), a última e agardada novela gráfica de Miguelanxo Prado, quen estará con nós na biblioteca de Gondomar para falar sobre a súa obra.
  • Para o Lendo Contigo a lectura escollida é A verdadeira historia da mosca da tele, de María Solar (Galaxia). A sesión será o sábado 26 de outubro e contaremos coa presenza da autora, que será a segunda vez que visita este club.

Nas próximas semanas publicaremos información máis detallada todas as actividades.