A Portada publicado por

«Nordeste», de Daniel Asorey, no club Sete Vidas de febreiro

«Nordeste», de Daniel Asorey, no club Sete Vidas de febreiro
Na sesión do club de lectura Sete Vidas de febreiro que se celebrará o xoves día 2 de febreiro falaremos sobre o libro Nordeste (Editorial Galaxia) de Daniel Asorey Vidal, gañador con esta novela da décima edición do Premio Narrativa Breve Repsol de 2016. A actividade comeza ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos coa presenza do autor a partir das 21:00 horas.
O xurado do premio salientou desta novela a “intensa capacidade de fabulación” do autor e que se trata dunha novela “de pegada feminista” que discorre entre o nordeste de Brasil e unha Galicia que posúe a Compañía Galega de Indias, cuxos barcos chegan por mar ata Compostela.
A  novela está protagonizada por tres mulleres: María Bonita, unha cangaçeira, bandoleira, do nordeste de Brasil; Matilda (homenaxe a Ruth Matilda Anderson), unha fotógrafa que vai ver a María Bonita, e unha vedora do século XVII.
A sesión do mes de xaneiro dedicámola a comentar A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey, de Mary Ann Shaffer e Annie Barrows. Novela especialmente atractiva e significativa para o noso club, pareceunos unha lectura amable e pracenteira.
E como os nosos colegas de Guernsey, tamén adozamos a nosa sesión cun pastel. Non de pel de pataca, senón… algo máis enxebre. Estas son dúas imaxes dese día.
A sociedade literaria 2
A sociedade literaria 1
Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura