A Portada publicado por

Novo encontro de Contos en Cueiros, o venres 29 ás 18:00h

Novo encontro de Contos en Cueiros, o venres 29 ás 18:00h

O venres 29 de xaneiro terá lugar un novo encontro de Contos en Cueiros, ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar. Nesta ocasión, as caixas de cartón serán as protagonistas dos contos e dos xogos dos bebés e acompañantes que participen na actividade.

Contamos cun aforo limitado a 25 bebés acompañados de 1 adulto. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

– o nome do bebé
– o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2013 ou despois
– o nome da persoa adulta que o vai acompañar
– un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
– en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: MÉRCORES 27 de xaneiro ás 12:00 h do mediodía.

No mes de novembro celebramos a primeira sesión de CenC con bebés. Dedicámola ás cancións de colo da tradición oral e aos contos cantados.
Despois de cantar un conto de presentación para saudar a todos os bebés, empezamos representando e o conto de Lúa de Kalandraka, cantado. Despois fixemos un repaso polos diferentes tipos de cantigas infantís: para xogar coas mans e os dediños, para sinalar as partes da cara e para xogar no colo. Por último, repartimos instrumentos e tocámolos mentres cantamos outra canción infantil tradicional. Estas son algunhas imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura