Club de Lectura Sete Vidas publicado por

Novos clubs de lectura

Novos clubs de lectura

Espazo Lectura crea dous novos clubs de lectura no Val Miñor:

1. Club de lectura Sete Vidas. Para ler novelas, relatos, etc. Reunións: Primeiro martes de cada mes ás 20 horas. Comezo: 4 de Novembro na Biblioteca Municipal de Gondomar. Primeiro título proposto: Así nacen as baleas, de Anxos Sumai (Editorial Galaxia). Para anotarte ou saber máis: diríxite a informacion@espazolectura.org. Coordinadora: Anaír Rodríguez (contacta no 619.292.991).
Queremos reunir un grupo de persoas con ganas de ler. O obxectivo é ler un mesmo libro e, unha vez ao mes, xuntarse e falar sobre el. Para participar non hai que ser un lector/a experimentado, soamente hai que gozar da lectura ou querer descubrir que a lectura nos abre as portas para vivir sete vidas e ter ganas de compartir esa experiencia cos demais membros do club. Máis información.

2. Club Lecturas Debuxadas. Pensas que o cómic é só para nen@s? Cres que non se poden contar boas historias desde o cómic? Ven e descubre a linguaxe da lectura en imaxes. Reunións: terceiro martes de cada mes ás 20 horas. Comezo (xuntanza informativa): Martes 18 de novembro na Biblioteca Municipal de Gondomar. Coordinador: Félix Rodríguez (contacta no 668.871.036 ou a través do correo clublecturasdebuxadas@espazolectura.org).
Recibe moitos nomes: banda deseñada ou debuxada, tebeo, historieta, novela gráfica… Definida como a ‘narrativa gráfica secuencial’, o cómic é xa a novena arte por dereito propio. Queremos descubrir esta linguaxe tan interesante lendo un cómic unha vez ao mes para comentalo despois entre tod@s. Máis información.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com