A Portada publicado por

O debuxante Fernando Iglesias falará da súa adaptación ao cómic da obra “Dédalus en Compostela”, na sesión do club Lecturas Debuxadas

O debuxante Fernando Iglesias falará da súa adaptación ao cómic da obra “Dédalus en Compostela”, na sesión do club Lecturas Debuxadas

A programación da semana do Libro e a Lectura 2016 continúa o martes 26 de abril, ás 20:00 horas, coa xuntanza do club de cómic Lecturas Debuxadas.
A obra escollida para este mes é Dédalus en Compostela, unha adaptación da obra de Vicente Risco da man de Fernando Iglesias, quen se achegará ata Gondomar para falar coas persoas que queiran achegarse á Biblioteca Municipal de Gondomar.

Na sesión de marzo do Lecturas Debuxadas, xuntámonos para falar sobre “Un océano de amor” do guionista Wilfrid Lupano, e debuxado por Gregory Panaccione. Un comic sen texto, pero cun guión excelentemente apoiado polo debuxo, moi expresivo, e que fai case falar aos protagonistas. Unha historia que, baixo o aspecto amable do humor e o estilo caricaturístico, aproveita para sinalar aspectos máis oscuros, e fala de ecoloxismo, de política e mesmo da frivolidade da vida e dos medios de comunicación. Estas son as imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura