O autor Mariano Casas falará da súa obra no Lecturas Debuxadas

O club de banda deseñada Lecturas Debuxadas dedica este mes á lectura de dúas obras de Mariano Casas: Mensaxes (El Patito Editorial) e A historia xamais contada xamais contada. Durante a sesión do martes 19 de febreiro, as persoas que desexen participar na actividade poderán poñer en común as súas impresións sobre as obras e, a partir das 21:00 horas, o propio autor dos textos, Mariano Casas, achegarase á biblioteca para falar cos lectores e lectoras.

As seguintes imaxes foron tomadas na sesión do 22 de xaneiro, dedicada á lectura de Portugal, de Cyril Pedrosa.