O caderno de Rosalía no Lendo Contigo este sábado 19

Este mes de febreiro o club de lectura compartida Lendo Contigo reúnese de novo, e a obra escollida é O caderno de Rosalía, de María Xesús Blanco, editado por Galaxia.
Animádevos a participar nesta sesión na que falaremos das Dunas de Olveira e analizaremos a diferenza entre unha crêpe e unha filloa.
Contaremos coa presenza da autora!
Será na Biblioteca Municipal de Gondomar o sábado 19 de febreiro ás 12:00h. Agardámosvos!

En xaneiro coñecimos a dúas mestras da cidade de Ourense: as irmás Pura e Dora Vázquez. Gozamos moito lendo A mestra corremundos (Cuarto de Inverno) e falando con Arancha Nogueira, á que agradecemos a súa presenza na sesión.
Podedes ver as imaxes dese día aquí:
Lendo Contigo 29/01/2022