O club de lectura compartida Lendo Contigo comeza unha nova tempada

Este sábado o club de lectura Lendo Contigo reunirase na Biblioteca Municipal de Gondomar para inaugurar unha nova tempada. A lectura escollida para a ocasión é Douche a miña palabra, de Fran Alonso (Xerais).
Teremos a sorte de contar co autor para poder falar con el sobre todo o que nos conta no libro: “Por que se escribe? Pódese vivir sen ler? Como se chega a ser escritor ou escritora?…”
Será o sábado 23 de outubro, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Durante a actividade respectaranse as medidas sanitarias vixentes e as persoas asistentes deben usar máscara de protección.
Animádevos a participar!