Club de Lecturas Debuxadas publicado por

O club Lecturas Debuxadas dedica a sesión mensual a Carlos Giménez

O club Lecturas Debuxadas dedica a sesión mensual a Carlos Giménez

O club Lecturas Debuxadas de Espazo Lectura celebra este martes 20 de novembro a súa sesión mensual. Nesta ocasión, a obra sobre a que se vai falar é Todo Barrio, de Carlos Giménez. A sesión comezará ás 20:00 horas e terá lugar na Biblioteca de Gondomar.

Carlos Giménez está considerado como o autor máis importante da historieta española das últimas tres décadas. En Barrio narra a súa infancia no Madrid dos anos 50 tras saír do orfanato de Paracuellos.

 

Na sesión do mes de outubro, tivemos a visita de Tokio, autor de Cabana de Balieiros. Estas son varias imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

2 Comments

  • OLa,

    Estou a buscar festivais de banda deseñada no Arco Atlántico. Aparte do de Coruña e do de Angulema, ¿sabedes dalgún máis? Grazas

    • No mes de xullo adoita celebrarse o Salón do Cómic de Cangas. Tamén se celebraron varias edicións do Salón do Cómic do Condado, nas Neves, pero non sabemos a vixencia que ten.
      Un saúdo.

You must be logged in to post a comment.

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com