A Portada publicado por

O club Lecturas Debuxadas inicia tempada cunha novela gráfica de Étienne Davodeau

O club Lecturas Debuxadas inicia tempada cunha novela gráfica de Étienne Davodeau

O martes 18 de outubro arrinca a nova tempada do club de cómic Lecturas Debuxadas, que se celebra o terceiro martes de cada mes na Biblioteca Municipal de Gondomar a partir das 20:00 horas.

Para o inicio de curso escolleuse para comentar a novela gráfica «Rural. Crónica de un conflicto» (Ediciones La Cúpula), do francés Étienne Davodeau, un fascinante retrato documental do contorno e os grupos humanos que poboan a paisaxe da gandería e a agricultura actual no oeste de Francia.

 

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura