O Comando Le ataca de novo

O Comando Le ataca de novo este próximo sábado 25 de outubro, de 20:00h a 22:30h, cando se reunirá na Casa da Lectura o noso grupo de activismo cultural para rapaces e rapazas de 12 a 15 anos. Ademais dos mozos e mozas que xa forman parte de tempadas anteriores, están convidados a participar todos os novos comandoleiros e comandoleiras que queiran achegarse. Imos presentarlle a actividade ás persoas novas, comentaremos e debateremos as propostas que temos para esta tempada, cearemos xuntos co que cadaquén leve para compartir e remataremos con algunha proposta lúdica.
Con esta primeira sesión de presentación dá comezo a nova tempada do Comando Le, na que nos iremos achegando a diferentes temas a través da música, o cine, e, por suposto, a lectura, combinando obradoiros, debates, saídas, recitais… Non podedes perdelo!