A Portada publicado por

O Comando Le despide a tempada en Ourense

O Comando Le despide a tempada en Ourense

Este próximo domingo 29 de maio os mozos e mozas do Comando Le despedirán a tempada de actividades en terras ourensás. Comezarán cunha visita guiada á Casa Museo de Otero Pedrayo e cun pequeno roteiro pola aldea de Trasalba. Xa de tarde achegaranse á cidade de Ourense para realizar un xogo de pistas que os levará a coñecer e visitar os espazos e lugares máis vencellados ao carácter literario e artístico da cidade. Haberá tempo tamén para unha actividade de achegamento á figura do debuxante ourensán Xosé Lois O Carrabouxo e para facer unha rolda de recomendacións de lecturas para o verán.

Con este roteiro literario, o Comando Le despídese ata o mes de outubro, logo dunha tempada na que celebramos sesións mensuais que nos achegaron, da man do cine, da literatura e da conversa, á realidade das persoas con capacidades diferentes ou ao mundo da ciencia e das novas tecnoloxías en relación coa lectura, algo sobre o que puidemos reflexionar o pasado 7 de maio nunha sesión na que contamos coa presenza do neurocientífico Xurxo Mariño:

Facebook Twitter Digg Email
1

Espazo Lectura