O Comando Le despide a tempada en Pontevedra

Este próximo sábado 1 de xuño o Comando Le despide a tempada cunha saída cultural á cidade de Pontevedra. A xornada comezará cun roteiro guiado polo casco vello e continuará logo cun xogo de pistas que lles permitirá aos comandoleiros e comandoleiras percorrer os principais referentes culturais da cidade, entre os que se sitúan diferentes espazos vinculados coas figuras de escritores como Castelao, Valle Inclán ou Mª Victoria Moreno. Pola tarde, a actividade complementarase cunha visita guiada ás salas dedicadas a Castelao no Museo de Pontevedra.

Con esta proposta péchase a tempada de actividades do Comando Le na que se incluíron, ademais das sesións mensuais, a participación dos rapaces e rapazas en dúas sesións de dinamización dos mércores na Casa da Lectura, así como a súa colaboración como monitores e monitoras na Noite na Biblioteca, que se celebrou a última fin de semana de maio.

Deixamos a continuación as imaxes da sesión de abril, na que conversamos arredor do acoso escolar a partir da lectura da novela “O que sei do silencio”, de Andrea Maceiras, e de diferentes xogos nos que se traballou a colaboración e a empatía.

Comando Le 27.04.19