A Portada publicado por

O Comando Le encherá de cores a Casa da Lectura

O Comando Le encherá de cores a Casa da Lectura

Na sesión de dinamización lectora do próximo mércores, 4 de abril, o Comando Le vai encher de cores a Casa da Lectura. Acompañados dos contos “O Corvo”, de Leo Timmers; “De que cor es ti?”, de Spela Trobec e Luis Rapela, e “Un libro”, de Hervé Tullet, os comandoleiros vannos ensinar a xogar co vermello, co verde, o azul ou o amarelo. A sesión comeza ás 18:00 horas e desde media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

Na anterior sesión, Bea chegou á Casa da Lectura cargadísima coa súa maleta de poeta. Non daba crédito a que puidese pesar tanto, ata que a abriu e se desbordou o mar enteiro. Era un mar de poesía roubada a Antonio G. Teijeiro e a Berta Dávila, aos seus poemarios: “Poemar o mar” e “A pel do mundo”. Comezamos lembrando qué é o Día da Poesía e lendo o poema de Ana María Fernández “Poesía porque si”, que nos serviu de introdución ao tema. Logo Eva e mais Bea, estableceron un diálogo poético-artístico con “Tinta de luz”, de Pepe Cáccamo, e transformaron as palabras do libro en cores sobre as láminas dispostas no cabalete. Unha vez lido o libro, abriron a maleta para deixar saír o mar con toda a súa intensidade e nel fomos decubrindo novos poemas, ao que lles foron poñendo voz. Parar rematar decidimos facer bailar cos nosos dedos as cores no papel e cada quen fixo a súa propia pintura, deixándoa escorregar suavemente. Estas son as fotos dese día.

Facebook Twitter Digg Email
1

Espazo Lectura