A Portada publicado por

O Comando Le pecha a tempada cunha visita a Padrón e Rianxo

O Comando Le pecha a tempada cunha visita a Padrón e Rianxo
Este próximo sábado 20 de maio os mozos e mozas do Comando Le van despedir a tempada de actividades cunha viaxe a Padrón e Rianxo. En Padrón imos visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro e imos facer unha pequena lectura de poemas da autora. En Rianxo imos visitar o Museo do Mar e a Casa Museo do poeta Manuel Antonio, ademais de realizar o roteiro Castelao e un xogo de pistas, actividades que nos van permitir facer un achegamento aos principais referentes literarios e culturais da vila.
Con esta saída, semellante á que realizamos o ano pasado para coñecer a Casa Museo de Otero Pedrayo en Trasalba e os referentes culturais e literarios máis importantes da cidade de Ourense, o Comando Le despide as súas actividades ata a próxima tempada. Logo do verán volveremos con novas propostas que nos permitan seguir achegándonos á lectura desde diferentes perspectivas, como a dedicada o pasado mes de abril a literatura e cine, da que podedes ver algunhas imaxes na seguinte ligazón: https://goo.gl/photos/gZM855zjwKWsLXQRA
Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura