Clubs de lectura publicado por

O Comando Le pechou a tempada con poesía

O Comando Le pechou a tempada con poesía
Connecting Poetry, de Fran Alonso, foi o espectáculo poético co que se pecharon o 27 de maio as actividades da primeira tempada do Comando Le, o grupo de activismo cultural para rapaces e rapazas de 12 a 15 anos que Espazo Lectura botou a andar en novembro de 2012. Con esta actividade dábaselle continuidade ao achegamento á poesía que se fixera en abril a través do obradoiro Poesía e chocolate: dous praceres intensos e escuros, impartido por Carlos Negro. O Comando Le retomará as súas actividades despois do verán para seguir fomentando a conversa e a reflexión sobre diferentes temas a partir do cine, a música, as saídas e, por suposto, a través da lectura.
Deixámosvos a continuación a crónica en imaxes da última sesión da tempada, na que compartimos cea e poesía da man de Fran Alonso e o seu espectáculo Connecting Poetry.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com