O Comando Le prepara a VIII Noite na Biblioteca

Este próximo sábado 25 de abril, de 20:00h a 00:00h o Comando Le ten unha nova cita na Casa da Lectura. Esta vez será unha sesión de traballo na que os comandoleiros e comandoleiras se dedicarán a organizar dúas actividades de Espazo Lectura das que se van encargar:
 Vai ser unha longa e intensa sesión de traballo, na que o Comando Le avanzará nunha liña de actuación da que falamos na asemblea xeral deste ano: que colaboren, como monitores e monitoras, en actividades de fomento da lectura dirixidas ao público infantil. Todo un reto!!
 
Este traballo de preparación da Noite na Biblioteca 2015 iniciouse xa na sesión de marzo do Comando Le. Na 1ª parte da sesión fixemos un xogo de pistas pola biblioteca da Casa da Lectura e polo espazo exterior e, na 2ª parte, logo da cea, comezamos a preparar a VII Noite na Biblioteca. Aquí vos deixamos unhas imaxes desa sesión do mes pasado: