A Portada publicado por

O Comando Le visita a Casa da Lectura

O Comando Le visita a Casa da Lectura

Este mércores 15 de febreiro un grupo de comandoleiras de 1º ESO será o encargado de realizar a sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura cunha proposta que terá como eixo os cinco sentidos. Na sesión contaranse os cinco contos da colección “Cinco sentidos”, de OQO Editora: Que mal cheira!, Canto ruído!, É o meu aniversario, Chega un avión! e O mundo nos ollos. Haberá tempo tamén para cantar, coa canción “Os sentidiños”, do último disco de María Fumaça –Aire-, e para xogar, a través dun pequeno obradoiro dos sentidos. A sesión comezará, como é habitual, ás 18:00h, aínda que a Casa da Lectura estará aberta a partir das 17:30h para atender o servizo de préstamo.

A semana pasada vivimos unha sesión de medo cos contos A Casa da Avoa e Fiz, o coleccionista de medos. Despois de contar os contos, fixemos unhas bruxiñas  preciosas coas cocas dos eucaliptos, uns garavanzos, uns pauciños e uns cachos de la. Estas son as imaxes dese día: https://goo.gl/photos/zkTNAKZA1arnd71m8

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura