O Comando Le visita o Contomar

Este próximo luns 4 de maio vaise encargar de realizar a sesión do Contomar un equipo de 14 mozos e mozas do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura destinado a rapaces e rapazas de máis de 12 anos. A cita será, coma sempre, ás 18:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Seguindo o fío condutor do conto A que sabe a lúa?, achegarémonos a outras historias: A cebra CamilaUnha casa a medidaO galo avisado e o raposo trampulleiro e Elmer. Mesmo recibiremos a visita dun ratiño namorado da lúa! Os animais van ir gabeando uns por riba dos outros para tentar probar un anaquiño de lúa… Serán quen de chegar ata ela?

O luns 27 de abril acompañounos no Contomar un equipo de profesoras do CEIP Humberto Juanes, que nos representaron con monicreques o conto de Volveu o lobo e dramatizaron a historia de O que non viu Carapuchiña. Isto diante duns 60 nenos e nenas que se achegaron á biblioteca para desfrutar da actividade. Estas son as imaxes.