O cómic «Que é o comercio xusto?», de Iago Araújo, pecha a tempada do Lectura Debuxadas

O próximo martes 12 de xuño ás 20:00 horas, na Casa da Lectura, celébrase a última sesión da tempada do Club Lecturas Debuxadas, na que comentaremos «Que é o comercio xusto?», de Iago Araujo, que estará con nós a partir das nove da noite.

O cómic ten licenza Creative Commons e pode descargarse en formato pdf dende aquí:
https://www.dropbox.com/s/w902xl0met7dq9h/Comic%20Cx.pdf?dl=0

Na sesión de maio do Club Lecturas Debuxadas comentamos “Degenerado”, da autora francesa Chloé Crunchaudet. Baseada nunha sorprendente historia real, a autora dá forma a unha BD intensa, chamativa e emocional. Coa guerra como orixe dos problemas e traumas do protagonista, a súa transformación leva a unha serie de sucesos extremos, dramáticos mesmo. Isto dá pé a uns personaxes moi ben descritos e unha acción levada con mestría durante toda a obra. O debuxo gustou especialmente: cun trazo livián, unha excelente composición de páxina e cun dominio preciso da xestualidade e dos xogos de miradas.

Club Lecturas Debuxadas 15/05/2018