O Contomar cerrou unha tempada máis de contacontos semanal na Biblioteca de Gondomar

O 27 de maio o Contomar celebrou a última sesión da tempada 2012-2013 con Xirafa e Crocodilo como protagonistas. Arrancamos coa canción «Xirafa e Crocodilo» do disco Tic-tac de Pablo Díaz (e tamén bailamos con ela no final da sesión). Despois contáronse os catro títulos publicados por Kalandraka:

  • Crocodilo namorado (na voz de Bea).
  • Unha casa a medida (na voz de Fátima).
  • Unha parella diferente (na voz de Mar).
  • Unha familia normal (na voz de Rosana).

Ademais, fixemos entrega dos agasallos para os nenos e nenas que máis estrelas de asintencia acumularon ao longo do ano. Os premiados foron Xiana Vilariño, Paula Comesaña, Lucía Varela, Carolina Figueroa, Iria Pereira, Lois Piñeiro, Claudia Comesaña, Ruth Comesaña, Paula Fernández, Mateo Fernández, Jorge Valverde, Lucía Fernández, Aroa Araujo e Naiara Araujo. Parabéns!

O Contomar colle vacacións pero regresará tras o verán. Moitas grazas a todas as familias que participaron neste proxecto tan bonito e gratificante.

Estas son as fotografías que se tomaron na última sesión.