O Contomar despide a tempada 2013-2014

O Contomar celebra a sesión de despedida da tempada 2013-2014 este luns, 26 de maio, a partir das seis da tarde na Biblioteca de Gondomar. Nesta última sesión escoitaremos contos, coma sempre, e os nenos e nenas con máis estrelas de asistencia recibirán un agasallo como premio á súa fidelidade. Ademais, este será un día moi especial para a primeira fornada de cativos e cativas que asistiron con regularidade a Contos en Cueiros e que este ano xa cumpriron ou van cumprir os 3 anos. Un dos contos que escoitaremos estará especialmente dedicado a eles, que sen dúbida serán a novo zume que seguirá a alimentar a vizosa planta do Contomar.