O Contomar despide a tempada cunha sesión especial

O luns 25 de maio imos celebrar a última sesión da tempada do Contomar, o contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos que organiza Espazo Lectura todos os luns a partir das seis da tarde na Biblioteca Municipal de Gondomar. O equipo coordinador da actividade ten preparada unha sesión moi especial, baseada no conto A cociñeira do rei, para todas as familias que queiran achegarse.

A semana pasada recibimos a visita das coordinadoras de Contos en Cueiros acompañadas dos maiores nenos e nenas que xa deixaron os cueiros porque son moi maiores e que o ano que vén xa poden ir ao Contomar. Leron os contos “Este é o maimiño”, A torta da mosca chosca”, Paxariña de papel (musicado por dous membros da Banda dos Cueiros) e O coelliño branco. Ao rematar a sesión, os nenos e nenas de Contos en Cueiros fixeron unha foto de grupo para despedir o paso pola actividade para bebés. Estas son as imaxes dese día.