Contomar publicado por

O Contomar despídese coa visita da familia Caravana

O Contomar despídese coa visita da familia Caravana

Este luns 28 de maio celebraremos a despedida do Contomar co Circus Run-Run. Chegados
 do mundo mundial,  por primeira vez en Gondomar, contaremos coa
presenza da familia Caravana, “o seu hipopótamo áxil”, os “desaparecidos
 por arte de maxia”, e moitas sorpresas máis. Non faltarán Changchun,
Wuhan, Lemmon, Mimongo, Fagaloa, Ivanovo, Trutanovo, Safonovo, Tzucacao,
 Luengué nin, por suposto, o mozo do circo, Roxelio.

A sesión será, como todos os luns, ás 18:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar. O Contomar despídese ata despois do verán cos personaxes desta ampla parentela creada por Carreiro & Carreiro e publicada por Edicións do Cumio.  Vémonos na pista!

Facebook Twitter Digg Email

You must be logged in to post a comment.

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com