A Portada publicado por

O Contomar prepárase para o Nadal

O Contomar prepárase para o Nadal

O luns 15 de decembro ás 18:00 h, celebraremos na Biblioteca de Gondomar a última sesión ordinaria do Contomar antes das vacacións de Nadal.

Nela, leremos contos do Apalpador e de Reis e repartiremos, entre os nenos e nenas que máis estrelas teñan nos seus carnés de asistencia, invitacións para o espectáculo A nena e o grilo nun barquiño, que terá lugar o luns 22 de decembro ás 18:00h, no auditorio Lois Tobío, e que será a sesión de peche do Contomar ata a volta das vacacións.

Estas son algunhas imaxes da sesión do luns 1 de decembro.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura