Contomar publicado por

O Contomar regresa á biblioteca de Gondomar

O Contomar regresa á biblioteca de Gondomar

Logo do descanso de verán, o Contomar regresa á biblioteca de Gondomar cargado de contos. O luns día 7 ás 18:00 horas, como viña sendo habitual, o Contomar daralles a benvida aos nenos e nenas de 3 a 9 anos e ás súas familias que queiran acompañarnos nunha nova tempada.

Os contos cos que inauguraremos a actividade serán A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, Marilux Avestruz, Linda á espreita e Croco.

O Contomar é un contacontos para nenos e nenas de 3 a 9 anos no que as propias nais e pais que o desexan son os encargados de lerlles os contos aos cativos e cativas. Espazo Lectura celebra o Contomar na biblioteca municipal de Gondomar desde febreiro de 2006.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com