O Contomar retoma a actividade de Espazo Lectura

O luns 13 de xaneiro Espazo Lectura retoma o seu calendario de actividades coa primeira sesión de 2014 do Contomar. Os contos que se lerán son Un can e un gato, A vaca que puxo un ovo, Tonino e Sacapenas.

O veterano contacontos, que en febreiro cumpre 8 anos, celébrase todos os luns na Biblioteca de Gondomar ás 18:00 horas.