O corpo e os sentidos, no Contos en Cueiros de novembro

Este venres, 29 de novembro, celebraremos unha nova sesión de Contos en Cueiros. Será unha sesión na que as crianzas descubrirán as partes do corpo e experimentarán cos sentidos.

A actividade comeza ás 18:00 horas na Casa da Lectura e precisa inscrición previa.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 15 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores anterior á sesión a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

  • o nome do bebé
  • o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2017 ou despois
  • o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  • un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición, o mércores anterior á sesión.