A Portada publicado por

O CPI Panxón, novo socio protector de Espazo Lectura

O CPI Panxón, novo socio protector de Espazo Lectura

En Espazo Lectura estamos encantados de seguir dando a benvida a novos centros de ensino que se incorporan como socio protector da asociación. Neste caso, damos a benvida e amosámoslle a nosa gratitude ao CPI de Panxón (Nigrán) por sumarse ao noso proxecto.

Con este novo centro son xa dezasete os centro de ensino da comarca que son socios protectores de Espazo Lectura e que colaboran co noso proxecto facéndolles chegar ás familias do seu alumnado a información mensual das actividades para convidalas a participar. Agradecemos que apoien o noso proxecto de fomento da lectura e nos axuden a difundilo e a fortalecelo socialmente.

Ademais de centros de ensino, tamén son socios protectores de Espazo Lectura editoriais galegas, compañías de teatro e unha libraría.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura