A Portada publicado por

O debuxante Fernando Iglesias estará no Lecturas Debuxadas de febreiro para falar de «Impresiones de la isla»

O debuxante Fernando Iglesias estará no Lecturas Debuxadas de febreiro para falar de «Impresiones de la isla»

O club Lecturas Debuxadas celebra o martes 20 de febreiro, ás 20:00 horas, unha nova xuntanza para falar da obra «Impresiones de la isla», de Carlos Portela e Fernando Iglesias. Será na libraría Libraida de Gondomar, á cal agradecemos que nos volva acoller. Durante a sesión contaremos coa presenza do seu debuxante, Fernando Iglesias.

O martes 16 de xaneiro o club Lecturas Debuxadas xuntouse na tapería Ágora para celebrar a primeira reunión de 2018. Nela comentouse «Sunny», de Taiyô Matsumoto. Este manga está ambientado nunha casa de acollida de rapaces, no Xapón de finais dos 70 ou primeiros anos 80. Por medio de pequenas anécdotas e situacións cotiás, o autor vainos amosando a personalidade dos protagonistas: un grupo de nenos e os seus titores, os habitantes da “Casa das Estrelas”. Son fragmentos da súa vida escollidos dun xeito aparentemente casual, cun estilo narrativo moi peculiar. Graficamente é un manga amable, con momentos e escenas en que a acción dá paso a viñetas contemplativas e fermosas ilustracións. Falamos tamén doutras obras do autor, tanto no manga (Tekkonkinkreet, El Samurai que vendió su Alma…) como no mundo do ánime.
Estas son as fotos dese día:
Lecturas Debuxadas, 2018/01/16

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura