A Portada publicado por

O día a día dunha nena a mediados dos setenta, no primeiro Sete Vidas do ano

O día a día dunha nena a mediados dos setenta, no primeiro Sete Vidas do ano

O martes 14 de xaneiro ten lugar a primeira sesión do ano do club de lectura Sete Vidas, na se vai falar sobre a novela proposta para este mes: Nada se esquece, da autora Puri Ameixide, que se achegará á bilbioteca para falar cos lectores e lectoras que desexen participar. A actividade comeza ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Nada se esquece narra as vicencias de Laura Souto, unha rapaza dunha pequena vila galega a mediados da década dos setenta, coas que vai construíndo a súa identidade e a súa visión do mundo: as súas primeiras lembranzas, as grandes preguntas sobre o sentido da vida, a morte dun ser querido, a descuberta do amor e do sexo, os plans para o futuro, achados e perdas con que se tece unha vida.

Nada se esquece é unha novela de aprendizaxe, unha incursión tenra, sutil e profunda ao territorio indefinido onde se forxa a nosa personalidade. Pero é, sobre todo, unha lectura que engaiola, que enfeitiza e deixa pegada na nosa memoria.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura