O día das nais, pais, avós… na Casa da Lectura

Este mércores, 4 de xuño, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura, queremos darlles as grazas aos pais, nais, avoas… que investiron parte do seu tempo de lecer en levar os nenos e nenas cada mércores á Casa da Lectura para que puidesen divertirse e ao mesmo tempo aprender. Será un mércores de lecturas sobre pais e nais. Leremos: Por que, mamá? de Tambre; Cocorico de OQO; Papá por favor achégame á lúa de Kalandraka e Adiviña canto te quero de Kokinos. A sesión comeza ás 18:00h e media hora antes atenderase o servizo de préstamo bibliotecario.