Casa da Lectura publicado por

O entroido chega este mércores á Casa da Lectura

O entroido chega este mércores á Casa da Lectura

A partir do conto Os Bolechas van de entroido, imos ir na procura do entroido por diferentes países (Brasil, Colombia, Venecia…), ata chegar ao entroido de Laza, en Ourense. Ao final, converterémonos todos e todas en peliqueiros.

Esta sesión de dinamización lectora será o mércores 2 de marzo a partir das 18.30 horas na Casa da Lectura.

As seguintes imaxes correspóndense coa sesión do mércores pasado.

Facebook Twitter Digg Email

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *