A Portada publicado por

O escritor Álex Alonso paticipará na xuntanza mensual do club de lectura Sete Vidas

O escritor Álex Alonso paticipará na xuntanza mensual do club de lectura Sete Vidas

O martes, 3 de maio, celébrase a xuntanza mensual do club de lectura Sete vidas. O libro do que se vai falar é Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso, obra premiada na XVII edición do Premio de Narración Curta “Ánxel Fole” de Lugo. O volume está formado por 30 relatos que constitúen unha radiografía descarnada da nosa sociedade actual, con predominio da violencia sexual, física e intelectual, pero nos que aínda hai espazo para o humor e a ironía.

XG00246601

Álex Alonso gañou tamén en 2010 o VI Certame de relatos de muller Matilde Barespor Xénero Imperfecto, certame convocado pola Concellaría de Igualdade do Concello de Bueu sobre a violencia de xénero.
Por xentileza da directora do Centro de Información á Muller de dito concello, dispoñemos dalgúns exemplares da obra premiada de Álex Alonso na libraría Libraida de Gondomar.
Na sesión que comezará ás 20:0 horas, na Biblioteca de Gondomar, contaremos coa presenza do autor.

A sesión do Sete vidas de abril moi interesante, pois ademais do debate sobre a novela da ocasión, Un mapa do lar, de Randa Jarrar, contamos con Alejandro Tobar e Isabel Soto, responsables da editorial Hugin e Munin, quen nos falaron das características desta singular editorial, a súa concepción da edición, a súa política de selección de títulos, a equipa de tradutoras/es e as circunstancias da edición dos textos, algúns deles presentes na sesión. Sobre estes e outros que comentaron do catálogo da editorial foron facendo observacións e aconsellando sobre algúns títulos concretos, do cal tomamos nota para futuras lecturas. Foi un Sete vidas moi aproveitado.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura