A Portada publicado por

O escritor Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xunevil

O escritor Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xunevil

Dende Espazo Lectura queremos expresarlle os nosos parabéns ao escritor Antonio García Teijeiro, que foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil polo seu poemario Poemar o mar.

En varias ocasións dende o nacemento da nosa asociación, o escritor visitou o club de lectura compartida Lendo Contigo, para compartir cos nenos e nenas que asistiron a sesión o seu amor polas palabas e a poesía. Ademais, un dos seus poemarios, Na fogueira dos versos, dá nome á actividade coa que todos os anos celebramos a noite de san Xoán na Casa da Lectura e A Banda dos Cueiros incluíu no recente libro-disco unha versión musicada do seu poema «Un bico porque si».

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura