O escritor Héctor Cajaraville abre a tempada do club infantil Lendo Contigo

O club de lectura en familia Lendo Contigo comeza unha nova tempada na compañía de Héctor Cajaraville e a súa obra Quen dá a quenda? (Edicións Xerais), na que viaxamos a unha fraga onde está o consultorio da meiga Divina e ao que se achegan clientes na busca dunha solución aos seus curiosos problemas.
O club terá lugar o sábado 22 de outubro, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar e está dirixido a nenos e nenas de 7 a 11 anos e ás súas familias. Agardámosvos!

00106539729654____1__640x640