A Portada publicado por

O escritor Pedro Feijoo abre a nova tempada do Sete Vidas coa súa novela «A memoria da choiva»

O escritor Pedro Feijoo abre a nova tempada do Sete Vidas coa súa novela «A memoria da choiva»

O martes 7 de outubro de 2014, ás 20.00 horas, reanudamos as sesións mensuais do Club de Lectura Sete Vidas que se celebran na Biblioteca de Gondomar.

O libro sobre o que se vai falar e debater é a novela A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, publicada por Xerais. Trátase da segunda novela do autor, quen, tras o éxito recibido pola súa primeira novela, Os fillos do mar, que tamén lemos no club, regresa cunha nova aventura, desta volta chea de versos, de sangue, de amor e de odio, pero mantendo intacta a súa máxima por bandeira: ante todo, o entretemento e o pracer de lectores e lectoras.

Contaremos coa presenza do autor
Esta sesión completarase coa presenza de Pedro Feijoo que, a partir das 21:00 h, se unirá á conversa coas persoas que queiran acompañarnos na Biblitoeca.

Visita guiada á Casa Museo de Rosalía de Castro
Como non chega con ler o libro, e tendo a novela como “protagonista” a escritora Rosalía de Castro, completaremos esta experiencia lectora cunha visita guiada á Casa da Matanza, en Padrón, o sábado día 11. Na visita tamén estará con nós Pedro Feijoo xunto co presidente da Fundación Rosalía de Castro: o profesor Anxo Angueira.
 XG00210501
Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura