A Portada publicado por

O escritor Xavier Estévez participa este sábado no club de lectura Lendo Contigo

O escritor Xavier Estévez participa este sábado no club de lectura Lendo Contigo

O sábado 25 de novembro, ás 12 da mañá, a Casa da Lectura acollerá a sesión mensual do club de lectura compartida Lendo Contigo. Nesta ocasión, os nenos e nenas que se animen a participar, falarán e compartirán experiencias arredor do libro «Avións de papel», de Xavier Estévez, unha novela sobre a amizade relatada sobre o fondo da arte urbana, dos traballos pictóricos, sexan graffitis ou murais, que humanizan a cidade e a fan máis fermosa. O propio autor estará na sesión para conversar coas familias participantes.

No mes de outubro celebrouse a primeira xuntanza do Lendo Contigo, na que se falou da novela «Fred Quincalla, o nómade do mar», e na que contamos coa presenza da súa autora: Teresa González Costa. Estas son as fotos dese día.

Lendo Contigo, 2017/10/28

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura