A Portada publicado por

O escritor Xelís de Toro participa no Lendo Contigo de decembro para falar de “O gato fantasma”

O escritor Xelís de Toro participa no Lendo Contigo de decembro para falar de “O gato fantasma”

O sábado 21 de decembro celébrase a última sesión do ano do club de lectura compartida Lendo Contigo. Para despedirnos, ata despois do Nadal, contaremos coa presenza de Xelís de Toro, que nos acompañará para falar do libro O gato fantasma (Xerais 2013), a lectura proposta para este mes.

Coma sempre, a hora de comezo será ás 12:00 da mañá e o lugar, a Biblioteca Municipal de Gondomar. Deseguido pódense ver as imaxes da sesión do mes pasado, cando nos visitou Antonio Yáñez Casal.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura