A Portada publicado por

O ilustrador Abraham Carreiro, na próxima sesión do Comando Le

O ilustrador Abraham Carreiro, na próxima sesión do Comando Le
Este próximo sábado 26 de novembro, de 20:00h a 00:00h, Espazo Lectura organiza na Casa da Lectura unha nova sesión do Comando Le, que vai contar coa visita do ilustrador Abraham Carreiro, quen realizará o obradoiro de banda deseñada Debuxar en cadriños, co que aprenderemos as técnicas básicas para contar historias en viñetas, ao tempo que as poñeremos en práctica coa realización dunha páxina de cómic. Ademais, Abraham Carreiro presentará a revista mensual O papagaio, publicada por Edicións Moito conto, da que os comandoleiros e comandoleiras lerán o nº 2, correspondente ao mes de novembro.
Ademais de participar no encontro con Abraham Carreiro, falaremos cos comandoleiros e comandoleiras sobre os contidos das próximas sesións, sobre as súas propostas e sobre as posibles colaboracións que os rapaces e rapazas poderán facer, como en tempadas anteriores, noutras actividades de Espazo Lectura como o Contomar ou as sesións dos mércores na Casa da Lectura.
Esta será a segunda sesión desta tempada do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura dirixido a rapaces e rapazas de máis de 12 anos. Na sesión de outubro, ademais de presentar a actividade e facer un resumo en imaxes da tempada anterior para os novos membros, participamos nun encontro coa escritora Iolanda Zúñiga, tal e como pode ver se nas imaxes que se atopan na seguinte ligazón:
Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura