O ilustrador Óscar Villán celebrará con nós o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

O vindeiro xoves 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, Espazo Lectura, en colaboración coa Concellería de Cultura de Gondomar, ofrecerá un obradoiro de ilustración a cargo de Óscar Villán, gañador do Premio Nacional de Ilustración no ano 1999 polo seu traballo no álbum O coelliño branco.

O obradoiro está dirixido a nenos e nenas de 7 a 10 anos, comezará ás 18.00 horas na Biblioteca de Gondomar e vai ter unha duración aproximada de 1h 15′.