A Portada publicado por

Membros do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC tráennos o mundo dos cabaliños de mar á Casa da Lectura

Membros do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC tráennos o mundo dos cabaliños de mar á Casa da Lectura

Este mércores 11 de abril, a partir das 18:00 horas, a Casa da Lectura acolle unha sesión de dinamización lectora moi especial, xa que dous membros do Instituto Oceanográfico de Vigo estarán con nós para presentarnos unha actividade onde o mundo dos cabaliños de mar será o protagonista. Sorprenderannos coa narración do conto “Don cabaliño de mar” e aprenderemos moitas curiosidades sobre estes animais mariños.

A sesión da semana pasada tamén foi moi especial, pois estivo conducida por varias rapazas e rapaces do Comando Le, coordinadas por Cristina e Rita. As comandoleiras e comandoleiros prepararon unha fantástica sesión dedicada ás cores. Parabéns, equipo! Estas son as imaxes dese día.

Casa da Lectura 04/04/2018

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura