A Portada publicado por

O Lecturas Debuxadas celebra a súa sesión de decembro na Libraría Libraida

O Lecturas Debuxadas celebra a súa sesión de decembro na Libraría Libraida

O club de cómic Lecturas Debuxadas celebra a sesión de decembro o martes 12, e nesta ocasión terá lugar na libraría Libraida (Rúa Rosalía de Castro, 13, Gondomar), no horario habitual, ás 20:00 horas. Comentaremos a obra El hombre que mató a Lucky Luke, de Matthieu Bonhomme (Norma Comics).

O martes 26 de novembro no Lecturas Debuxadas falamos de “O Báculo de Daghdha”, do autor galego Norberto Fernández. A sesión levouse a cabo na taberna Catro Camiños onde, unha ducia de asistentes opinamos sobre esta aventura de misterio que, ao mesmo tempo, fai un percorrido cultural por vilas de Galicia e do norte de Portugal. Cun ritmo moi áxil, mesmo vertixinoso ás veces, os protagonistas viaxan polos camiños de Santiago cara a un final cheo de acción. No aspecto gráfico, esta obra é realmente magnífica, destacando unha documentación exhaustiva e retratada admirablemente nas escenas e localizacións nas distintas cidades, que son totalmente recoñecibles e fan que o tebeo sexa ao mesmo tempo unha invitación constante a querer visitar eses lugares. Na segunda parte da sesión acompañounos Norberto, que falou sobre a obra e sobre as singularidades deste proxecto encargado e editado polo Eixo Atlántico. Estas son algunhas imaxes dese día:

Club Lecturas Debuxadas 21/11/2017

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com