O Lendo contigo despediuse cociñando

O Lendo contigo despediuse cociñando

O pasado 25 de maio o club de lectura compartida Lendo contigo pechou a súa sexta tempada cunha sesión especial arredor do libro Ensalada de bruxas, de Rosa Serrano (Galaxia). Ademais de ler e comentar o libro a través dos xogos e preguntas da guía de lectura, a sesión incluíu un obradoiro de cociña meiga impartido por Mirian Rodríguez, quen nos convidou a preparar as receitas da bruxa: ensalada, filloas recheas, dedos de bruxa e xeado de amorodo foron os pratos que prepararon os nenos e nenas e que logo puidemos degustar todos xuntos nun xantar compartido. Grazas a Mirian polo magnífico obradoiro e grazas ao CEIP Souto-Donas, socio-protector de Espazo Lectura, por cedernos as instalacións para o desenvolvemento desta actividade. Vémonos na próxima tempada!

Facebook Twitter Digg Email
1

Espazo Lectura